Evento: A Gaivota, ensaio aberto

A Gaivota, ensaio aberto
domingo, 4 outubro, 2026 - 18:00
Salón Teatro,
Santiago de Compostela

A Gaivota, ensaio aberto

Centro Dramático Galego en coprodución con Crémilo, Colectivo 84, Teatro San Martín de Buenos Aires (Arxentina), INAE, FIDAE, Teatro del Galpón (Uruguai)

Que acontece cando, a apenas un día da estrea de A gaivota, as actrices principais teñen que ser substituídas?

A peza parte desta situación límite para construír un dispositivo profundamente teatral: un ensaio aberto que se transforma en espectáculo, onde fragmentos da obra de Chejov se entrelazan con experiencias persoais. A realidade e a ficción acaban por confundirse diante do público.

Nina, unha moza noviña que soña con ser actriz, e Arkádina, diva do teatro da época. Axúdaas outra actriz, a que fai da que Chejov colocou no dramatis personae como “Moza”. As tres actrices comparten o clásico de finais do século XIX e debullan os seus paralelismos co presente e cos temas universais: a dimensión das actrices dentro do teatro e das mulleres dentro da sociedade, o ocaso dunha época histórica e o xurdimento dun mundo novo e descoñecido, o amor, a creación... Chejov en estado puro

 

Ficha artística

Texto orixinal: Antón Chejov

Dirección e dramaturxia: Santiago Cortegoso e Neto Portela

Vestiario: Saturna

Movemento: Rosy Timas

Espazo sonoro e composición musical: Jeff Hesney e Xosé Lois Romero

Espazo escénico e iluminación: Centro Dramático Galego

Técnica: Amelia Poyato

Asistencia de produción: Santi Romay

Elenco: Déborah Vukusic, Mercedes Castro e Uxía Suevos

 

Proxecto creado dentro das residencias ARTISTEA do Concello de Pontareas e as residencias DESCARTES da Cidade da Cultura e a colaboración do Padroado de Cultura de Narón e o Ministerio de Cultura de Cabo Verde

Máis eventos de tipo Espectáculo

Viaxa cos libros
Viaxa cos libros
30 de outubro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
transparentar
Transparentar
13 de novembro
Auditorio Municipal Gustavo Freire
Imaxe
Inventoras con mentes curiosas
14 de novembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
O grúfalo
27 de outubro
Auditorio da Casa da Cultura