Evento: Ñiqui Ñaque

Ñiqui Ñaque
martes, 14 xullo, 2026 - 20:30
Alameda de Raxoi,
Pontedeume

Ñiqui Ñaque

Centro Dramático Galego en coprodución con Espectáculos Valente

Cosme e Damián, dous cómicos ambulantes a punto de disolver a súa compañía, reciben unha chamada do Gran Duque coa oferta de realizar un espectáculo para celebrar o seu vixésimo aniversario de casados. Ante a grande oferta económica, os cómicos comezan a ensaiar unha peculiar versión de Romeo e Xulieta. Todo isto mentres continúan a súa viaxe nun motocarro avariado. No seu camiño sairán os seus conflitos internos e reflexións existencialistas, amparadas na precariedade dos cómicos da legua.

Ñiqui Ñaque é un espectáculo de teatro de rúa cunha nova posta en escena do texto de Cándido Pazó, no que o teatro pasa a converterse nunha metáfora de moitas vidas precarias e á deriva, sen rumbo fixo ante un futuro incerto. Esta proposta charangueira e bravú, entrelaza de forma fluída técnicas de clown, máscara e acrobacia nunha declaración de amor ás artes escénicas.

 

Ficha artística

Texto orixinal: Cándido Pazó
Dirección e dramaturxia: Roberto Vázquez
Elenco: Ángel Blanco e Dani Lago
Escenografía: Espectáculos Valente
Vestiario: Espectáculos Valente
Espazo sonoro: Espectáculos Valente

Outras datas

Máis eventos de tipo Espectáculo

Trópico de Grelos: Bloco Afro
5 de xullo
Rúas do concello
Danza 3 | Cantigas e Agarimos
12 de xullo
Alameda Rosalía de Castro
Peque Disco Moc Moc
17 de xullo
Praza da Constitución