Evento: Real Filharmonía de Galicia – Cantamos!

Real Filharmonía de Galicia – Cantamos!
xoves, 3 xuño, 2027 a venres, 4 xuño, 2027
Avenida do Burgo das Nacións,
Santiago de Compostela

Real Filharmonía de Galicia – Cantamos!

A Real Filharmonía de Galicia pecha a tempada cun dos cumios da historia da música: o Réquiem de Wolfgang Amadeus Mozart. Xunto ao Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia, coros participativos e un destacado ele...

A Real Filharmonía de Galicia pecha a tempada cun dos cumios da historia da música: o Réquiem de Wolfgang Amadeus Mozart. Xunto ao Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia, coros participativos e un destacado elenco de voces solistas, este concerto convértese nunha celebración colectiva arredor dunha das obras máis conmovedoras do repertorio.
O programa ábrese coa Abertura d'A frauta máxica, última ópera de Mozart e unha das súas creacións máis emblemáticas. Inspirada nos ideais da masonaría, a obra propón unha viaxe simbólica na que a luz, a sabedoría e a fraternidade triunfan sobre a escuridade.
A continuación soa o Réquiem K. 626, a derradeira composición de Mozart, interrompida pola súa morte en 1791. Inacabada polo compositor e completada posteriormente polo seu discípulo Franz Xaver Süssmayr, a obra continúa envolta nun halo de misterio e emoción. A súa extraordinaria intensidade expresiva converteuna nunha das partituras máis universais da música occidental, un testemuño conmovedor sobre a vida, a morte e a transcendencia.
XOV 3 XUÑ (15 €) Concerto incluído nos Abonos A e CAuditorio de Galicia, 20.00 hCONVERSANDO CON… Javier Fajardo (Sala Ángel Brage, 19.15 h)

 

Máis eventos de tipo Concerto

Emilio Rúa
6 de agosto
Alameda de Vilaza
Concerto na terraza do Museo do Viño de Galicia
VI Cata Sonora
6 de agosto
Museo do Viño de Galicia
ce_orquestra_pantasma
Cé Orquestra Pantasma
7 de agosto
Praia Fluvial
Eiii Carballeira!!
7 de agosto
Praza Castelao