Evento: Real Filharmonía de Galicia – Obradoiro de composición RFG / RESIS.LAB IV

Real Filharmonía de Galicia – Obradoiro de composición RFG / RESIS.LAB IV
venres, 21 maio, 2027 - 20:00
Avenida do Burgo das Nacións,
Santiago de Compostela

Real Filharmonía de Galicia – Obradoiro de composición RFG / RESIS.LAB IV

A Real Filharmonía de Galicia reafirma o seu compromiso coa creación contemporánea e co apoio ás novas xeracións de compositoras e compositores coa cuarta edición do Obradoiro de Composición RFG / RESIS.LAB, un...

A Real Filharmonía de Galicia reafirma o seu compromiso coa creación contemporánea e co apoio ás novas xeracións de compositoras e compositores coa cuarta edición do Obradoiro de Composición RFG / RESIS.LAB, unha iniciativa desenvolvida en colaboración co Festival RESIS.
Baixo a dirección de Ben Voce e coa titoría do recoñecido compositor Magnus Lindberg, o obradoiro ofrece a seis creadoras e creadores seleccionados a oportunidade de traballar durante unha semana cunha orquestra profesional, desenvolvendo as súas obras nun espazo de experimentación, diálogo e intercambio artístico.
As partituras, elixidas mediante convocatoria internacional, serán ensaiadas pola Real Filharmonía de Galicia ao longo do obradoiro e culminarán nun concerto público e de balde, no que o público poderá descubrir algunhas das voces máis prometedoras da creación musical contemporánea.
VEN 21 MAI (Entrada de balde)Auditorio de Galicia, 20.00 h

Máis eventos de tipo Concerto

XXVIII Ciclo de concertos de outono no Museo de Belas Artes da Coruña
Concertos de outono
27 de setembro a 29 de novembro
Museo de Belas Artes
Candlelight: Tributo a Hans Zimmer
15 de novembro
Campillo de San Francisco, 3
Funzo
15 de novembro
Rúa de Concepción Arenal, 5
Alfonso Medela Trío + Rubén Fernández
15 de novembro
Auditorio Municipal Manuel María