Evento: Real Filharmonía de Galicia – Obradoiro de composición RFG / RESIS.LAB IV
Real Filharmonía de Galicia – Obradoiro de composición RFG / RESIS.LAB IV
A Real Filharmonía de Galicia reafirma o seu compromiso coa creación contemporánea e co apoio ás novas xeracións de compositoras e compositores coa cuarta edición do Obradoiro de Composición RFG / RESIS.LAB, unha iniciativa desenvolvida en colaboración co Festival RESIS.
Baixo a dirección de Ben Voce e coa titoría do recoñecido compositor Magnus Lindberg, o obradoiro ofrece a seis creadoras e creadores seleccionados a oportunidade de traballar durante unha semana cunha orquestra profesional, desenvolvendo as súas obras nun espazo de experimentación, diálogo e intercambio artístico.
As partituras, elixidas mediante convocatoria internacional, serán ensaiadas pola Real Filharmonía de Galicia ao longo do obradoiro e culminarán nun concerto público e de balde, no que o público poderá descubrir algunhas das voces máis prometedoras da creación musical contemporánea.
VEN 21 MAI (Entrada de balde)Auditorio de Galicia, 20.00 h



