Evento: Real Filharmonía de Galicia – Bailamos?

Real Filharmonía de Galicia – Bailamos?
mércores, 5 maio, 2027 - 20:00
Avenida do Burgo das Nacións,
Santiago de Compostela

Real Filharmonía de Galicia – Bailamos?

Real Filharmonía de Galicia presenta /Bailamos?/, un programa dedicado á forza expresiva da danza barroca a través de distintas tradicións europeas, baixo a mirada da directora e arranxista Jeannette Sorrell, u...

Real Filharmonía de Galicia presenta Bailamos?, un programa dedicado á forza expresiva da danza barroca a través de distintas tradicións europeas, baixo a mirada da directora e arranxista Jeannette Sorrell, unha das grandes especialistas no repertorio antigo.
O concerto ábrese con La Bergamasca de Marco Uccellini, unha danza elegante e sobria que amosa a vitalidade da música instrumental do primeiro barroco. A continuación, as recercadas de Diego Ortiz sobre «La Spagna» e «Passamezzo moderno» recuperan a arte da improvisación renacentista, cun discurso que oscila entre a contemplación e o impulso rítmico.
As Passacaglia de Biagio Marini reforzan ese espírito de variación e movemento continuo, mentres que a suite de Alcione de Marin Marais achega unha dimensión teatral e evocadora, propia do barroco francés máis refinado.
O programa continúa coa Ciaconna en Do de Vivaldi e coa suite de Terpsichore de Händel, nun diálogo entre Italia, Francia e Alemaña arredor da danza como forma musical e escénica.
Pecha o concerto La Follia, tamén de Vivaldi, nunha versión arranxada por Sorrell, como culminación dun percorrido vibrante polas formas de baile máis intensas e virtuosas do Barroco.
MÉR 5 MAI (15 €) Auditorio de Galicia, 20.00 h
 

Máis eventos de tipo Concerto

Tributo 70's e 80's
3 de xullo
Praza do Concello
Eiii Carballeira!!
6 de xullo
A Plazuela
Rockeando con Ramona Órbita, a dona do tempo
7 de xullo
Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey
C@nto contigo
10 de xullo
Area Recreativa da Peneda