Evento: Real Filharmonía de Galicia – O enigma do tempo

Real Filharmonía de Galicia – O enigma do tempo
mércores, 7 abril, 2027 - 20:00
Avenida do Burgo das Nacións,
Santiago de Compostela

Real Filharmonía de Galicia – O enigma do tempo

A Real Filharmonía de Galicia propón neste concerto unha reflexión sobre o tempo, a memoria e a idea da morte na música europea, a través de tres obras que dialogan entre o Clasicismo, o Romanticismo e a creaci...

A Real Filharmonía de Galicia propón neste concerto unha reflexión sobre o tempo, a memoria e a idea da morte na música europea, a través de tres obras que dialogan entre o Clasicismo, o Romanticismo e a creación contemporánea.
O programa ábrese con O cranio de Bruckner, de Jay Capperauld, estreada en 2025 e presentada por primeira vez en España. O compositor escocés inspírase na figura de Anton Bruckner e na súa relación coa morte, así como nas historias arredor da exhumación de Beethoven e Schubert en 1888. Unha obra que explora o misterio, a memoria e a fascinación polo legado dos grandes compositores.
Continúa a velada coa Sinfonía núm. 92 en Sol maior, Oxford, de Joseph Haydn, unha das obras culminantes do seu sinfonismo. Escrita nun momento de plena madurez creativa, representa a perfección formal do Clasicismo e a súa capacidade para combinar claridade estrutural, vitalidade e elegancia expresiva.
Pecha o programa A morte e a doncela de Franz Schubert na orquestración para cordas de Gustav Mahler. A partir do célebre cuarteto, Mahler amplía a dimensión sonora da obra e intensifica o seu carácter dramático, reforzando unha das reflexións máis profundas e conmovedoras sobre a morte da historia da música.
MÉR 7 ABR (15 €) Auditorio de Galicia, 20.00 h CONVERSANDO CON… Jonathan Bloxham (Sala Mozart, 19.15 h)
 

Máis eventos de tipo Concerto

XXVIII Ciclo de concertos de outono no Museo de Belas Artes da Coruña
Concertos de outono
27 de setembro a 29 de novembro
Museo de Belas Artes
Funzo
15 de novembro
Rúa de Concepción Arenal, 5
Candlelight: Tributo a Hans Zimmer
15 de novembro
Campillo de San Francisco, 3
Alfonso Medela Trío + Rubén Fernández
15 de novembro
Auditorio Municipal Manuel María