Evento: Real Filharmonía de Galicia – (EN)FOCO #3 XACOBEO: Rufus Wainwright e RFG

Real Filharmonía de Galicia – (EN)FOCO #3 XACOBEO: Rufus Wainwright e RFG
venres, 12 marzo, 2027 - 20:00
Avenida do Burgo das Nacións,
Santiago de Compostela

Real Filharmonía de Galicia – (EN)FOCO #3 XACOBEO: Rufus Wainwright e RFG

A Real Filharmonía de Galicia recibe a un dos artistas máis singulares e influentes da música popular contemporánea. Rufus Wainwright presenta /Want Symphonic/, un proxecto que revisita os seus álbums /Want One...

A Real Filharmonía de Galicia recibe a un dos artistas máis singulares e influentes da música popular contemporánea. Rufus Wainwright presenta Want Symphonic, un proxecto que revisita os seus álbums Want One e Want Two vinte anos despois da súa publicación, transformando estas cancións emblemáticas nunha experiencia orquestral de gran formato.
Acompañado pola Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección de Baldur Brönnimann e coa participación do batería Matt Johnson, Wainwright interpreta un repertorio que marcou unha xeración pola súa sofisticación compositiva, intensidade emocional e marcada personalidade artística. Os arranxos sinfónicos de Sally Herbert e Max Moston amplían a dimensión sonora destas cancións, potenciando a súa riqueza harmónica e o seu carácter teatral.
O resultado é un espectáculo único que combina a forza da música popular coa expresividade da gran orquestra, nun encontro excepcional cun dos creadores máis admirados e recoñecidos do noso tempo.
 
 

Máis eventos de tipo Concerto

NoitiNHas 2026
15 de xullo
Avda. do Burgo das Nacións, s/n
Verán miúdo
15 de xullo
Praza do Cantón
Baixo os remendos, nós
15 de xullo
San Vicente