Evento: Real Filharmonía de Galicia – Reiniciar memoria

Real Filharmonía de Galicia – Reiniciar memoria
sábado, 6 marzo, 2027 - 20:00
Avenida do Burgo das Nacións,
Santiago de Compostela

Real Filharmonía de Galicia – Reiniciar memoria

A Real Filharmonía de Galicia presenta un concerto familiar pensado para achegar a música sinfónica á mocidade desde unha perspectiva actual, participativa e libre de prexuízos. Baixo a dirección de César Ramos...

A Real Filharmonía de Galicia presenta un concerto familiar pensado para achegar a música sinfónica á mocidade desde unha perspectiva actual, participativa e libre de prexuízos. Baixo a dirección de César Ramos e coa narración de Miguel Ángel Cajigal, coñecido como «El Barroquista», Reiniciar memoria convida a descubrir como a música do pasado continúa dialogando co presente.
A través de obras de compositores como Anna Meredith, Ludwig van Beethoven, Dmitri Shostakovich, John Williams ou Maurice Ravel, o concerto explora a capacidade da música para crear recordos, emocións e significados distintos para cada xeración. O programa propón unha escoita aberta e curiosa, na que as grandes obras do repertorio sinfónico se revelan como creacións vivas, capaces de seguir sorprendendo e emocionando ao público máis novo.
Unha experiencia para escoitar, imaxinar e redescubrir a música sen etiquetas, entendendo a memoria como algo en constante transformación.
Coa participación do estudantado da EAEM.
 

Máis eventos de tipo Concerto

NoitiNHas 2026
9 de setembro
Avda. do Burgo das Nacións, s/n
A Voz Humana
11 de setembro
Avenida do Burgo das Nacións
Kenny “Blues Boss” Wayne
13 de setembro
Rúa de Concepción Arenal, 5
Legends Tour
17 de setembro
Auditorio Municipal Manuel María