Evento: Real Filharmonía de Galicia – Cantamos de película!
Real Filharmonía de Galicia – Cantamos de película!
A Real Filharmonía de Galicia presenta dentro do seu proxecto participativo Cantamos! unha proposta que une a música de cinema e a canción popular galega nunha experiencia coral compartida. Un concerto no que a orquestra, baixo a dirección de Javier Fajardo, e o coro xuvenil Peque Coro In Crescendo, dirixido por Catuxa Pita Evia, convidan ao público máis novo a formar parte activa da interpretación musical.
O programa establece un diálogo entre grandes bandas sonoras do cinema contemporáneo e a tradición musical popular. O universo cinematográfico de Tim Burton e Danny Elfman en Eduardo Mans Tesoiras convive coa maxia de John Williams en Harry Potter e Só na casa, configurando un percorrido cheo de fantasía, emoción e imaxinación sonora. A segunda parte do concerto volve a mirada cara á música popular galega, cunha escolma de melodías tradicionais como Paxariños que voades, Canto de berce para unha princesa negra ou Vinde galeguiños, nunha serie de arranxos de Peter Hope que transforman estas cancións nun espazo coral vivo e compartido.
A cita terá lugar o xoves 17 de decembro ás 20:00 horas no Auditorio de Galicia. Inclúe conversa previa con Javier Fajardo ás 19:15 horas na Sala Mozart. Entradas: 15 €. Concerto incluído nos abonos A e B.
Proxecto en colaboración coa Federación de Coros de Galicia e a Asociación de Amigos da Ópera de Santiago.
Máis eventos de tipo Concerto



