Evento: Real Filharmonía de Galicia – Entre dous tempos

Real Filharmonía de Galicia – Entre dous tempos
xoves, 21 xaneiro, 2027 - 20:00
Avenida do Burgo das Nacións,
Santiago de Compostela

Real Filharmonía de Galicia – Entre dous tempos

A Real Filharmonía de Galicia propón neste concerto un percorrido sonoro entre memoria e creación contemporánea, onde distintas épocas dialogan a través de linguaxes musicais contrastadas. Baixo a dirección de ...

A Real Filharmonía de Galicia propón neste concerto un percorrido sonoro entre memoria e creación contemporánea, onde distintas épocas dialogan a través de linguaxes musicais contrastadas. Baixo a dirección de Baldur Brönnimann e coa participación da óboe solista Iria Folgado, o programa articúlase como unha reflexión sobre a continuidade da tradición e a súa relectura desde o presente.
Caroline Shaw abre o concerto con Entre’acte, unha peza concibida como homenaxe a Haydn e ao seu Cuarteto núm. 2. Cunha escritura esencial e transparente, Shaw transforma fragmentos do pasado en materia viva, nun exercicio de relectura que sitúa a memoria no centro do discurso musical. Este diálogo continúa co Concerto para óboe en Re maior de Richard Strauss, escrito na súa última etapa creativa tras a Segunda Guerra Mundial. Nacido do encontro cun antigo soldado e músico, destaca pola súa claridade, lirismo e serenidade, converténdose nunha das grandes obras do repertorio para óboe do século XX. Pecha o programa a Sinfonía núm. 5 en Fa menor de Emilie Mayer, figura clave do Romanticismo alemán e durante moito tempo esquecida. A súa música, de forte impulso expresivo e sólida arquitectura formal, recupera hoxe o seu lugar no repertorio sinfónico europeo.
XOV 21 XAN (18 €) Auditorio de Galicia, 20.00 h CONVERSANDO CON… Baldur Brönnimann e Iria Folgado (Sala Mozart, 19.15 h)
 

Máis eventos de tipo Concerto

Chuches Amil 
13 de agosto
Lodoselo
Martin Human 
13 de agosto
Rúa Rosalía de Castro
Black
13 de agosto
Praza da Galicia
Mad Martin Trío
14 de agosto
Paseo do Malecón