Evento: Real Filharmonía de Galicia – Farö

Real Filharmonía de Galicia – Farö
sábado, 30 xaneiro, 2027 - 18:00
Avenida do Burgo das Nacións,
Santiago de Compostela

Real Filharmonía de Galicia – Farö

/Farö/ é unha proposta escénico-musical da compañía La Maquiné que combina teatro visual, monicreques e música para construír unha fábula sobre a luz, a soidade e a transformación interior.  

Farö é unha proposta escénico-musical da compañía La Maquiné que combina teatro visual, monicreques e música para construír unha fábula sobre a luz, a soidade e a transformación interior.
Nunha pequena illa no medio do océano vive Conta, un fareiro que coida da Perla do océano, unha luz destinada a guiar os barcos na escuridade. A súa vida transcorre entre a rutina e o control, afastado de todo contacto emocional. Mais o mar comeza a achegarse a el a través de Lapa, unha foca curiosa; Pinza, un cangrexo que busca fogar; e o canto dunha balea que resoa na distancia. A chegada de Piti, un pequeno paxaro ferido, convérteo nunha figura obrigada a repensar a súa forma de coidar, pasando do control ao afecto.
Cando un accidente provoca a caída da Perla do océano ao mar, Conta inicia unha viaxe ás profundidades para recuperala. No interior da balea descobre que nin a luz nin el mesmo poden existir illados. Transformado pola experiencia, regresa disposto a abrirse aos demais e, coa axuda de Lapa e Pinza, converte a illa nun barco simbólico para rescatar a Piti. A verdadeira luz, comprende entón, non está no faro, senón no seu propio interior.
 

Máis eventos de tipo Concerto

XXVIII Ciclo de concertos de outono no Museo de Belas Artes da Coruña
Concertos de outono
27 de setembro a 29 de novembro
Museo de Belas Artes
Funzo
15 de novembro
Rúa de Concepción Arenal, 5
Candlelight: Tributo a Hans Zimmer
15 de novembro
Campillo de San Francisco, 3
Alfonso Medela Trío + Rubén Fernández
15 de novembro
Auditorio Municipal Manuel María