Evento: Real Filharmonía de Galicia – Sorpresas

Real Filharmonía de Galicia – Sorpresas
xoves, 4 febreiro, 2027 - 20:00
Avenida do Burgo das Nacións,
Santiago de Compostela

Real Filharmonía de Galicia – Sorpresas

A Real Filharmonía de Galicia propón neste concerto un programa marcado polo contraste, a enerxía dramática e o xogo co inesperado, baixo a dirección e o violín de Patricia Kopatchinskaja, unha das intérpretes ...

A Real Filharmonía de Galicia propón neste concerto un programa marcado polo contraste, a enerxía dramática e o xogo co inesperado, baixo a dirección e o violín de Patricia Kopatchinskaja, unha das intérpretes máis singulares do panorama internacional.
O programa ábrese coa Abertura de Don Giovanni de Wolfgang Amadeus Mozart e a Abertura Coriolano de Ludwig van Beethoven, dúas obras en tonalidade menor que concentran unha forte tensión expresiva e un profundo sentido teatral. Segue o Concerto para violín en Re menor de Felix Mendelssohn, composto cando o autor tiña apenas trece anos, unha peza de extraordinaria frescura melódica, elegancia estrutural e brillantez virtuosística.
A propia Kopatchinskaja achega ao programa Danse Macabre (Superbia), nunha lectura persoal e contemporánea do xesto musical como narrativa simbólica. O concerto conclúe coa célebre Sinfonía núm. 94 en Sol maior de Franz Joseph Haydn, coñecida como A sorpresa, onde o compositor xoga coa expectativa do público a través dun dos efectos máis icónicos do Clasicismo.
A súa presenza escénica, libre de convencións e profundamente expresiva, define un concerto no que a música se entende como experiencia viva e imprevisible. Coa participación do estudantado da EAEM.
 

Máis eventos de tipo Concerto

Rockeando con Ramona Órbita, a dona do tempo
7 de xullo
Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey
C@nto contigo
10 de xullo
Area Recreativa da Peneda
Terra Nosa
10 de xullo
Praza do Concello
Tributo 70's e 80's
10 de xullo
Praza da Estación