Evento: Real Filharmonía de Galicia – Cineuropa: The General (O maquinista da Xeneral)

Real Filharmonía de Galicia – Cineuropa: The General (O maquinista da Xeneral)
xoves, 19 novembro, 2026 a venres, 20 novembro, 2026
Avenida do Burgo das Nacións,
Santiago de Compostela

Real Filharmonía de Galicia – Cineuropa: The General (O maquinista da Xeneral)

A Real Filharmonía de Galicia volve a colaborar con Cineuropa nunha das súas citas máis singulares e esperadas: a proxección de cinema mudo con música interpretada en directo. Un encontro no que a imaxe e o son...

A Real Filharmonía de Galicia volve a colaborar con Cineuropa nunha das súas citas máis singulares e esperadas: a proxección de cinema mudo con música interpretada en directo. Un encontro no que a imaxe e o son se entrelazan para recuperar a experiencia orixinal do cinema das primeiras décadas do século XX, cando a música era parte esencial da narración e da emoción fílmica.
Nesta ocasión proxéctase The General (1926), de Buster Keaton e Clyde Bruckman, unha das grandes obras mestras da comedia muda. A banda sonora será interpretada pola Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección de Timothy Brock, autor da música composta en 2005 para esta película. Brock recrea o universo musical da época a partir de himnos, foxtrots e valses, construíndo unha partitura que potencia o humor, a tensión e o ritmo vertixinoso das célebres persecucións ferroviarias do filme. O resultado é unha viaxe sonora que devolve autenticidade histórica á proxección, ao tempo que ofrece unha lectura contemporánea da obra de Keaton.
O concerto terá lugar o xoves 19 de novembro ás 20:00 horas no Auditorio de Galicia. Actividade incluída nos abonos A e B. Participación do estudantado da EAEM.
 

Máis eventos de tipo Concerto

Levaino!
12 de xullo
Campo da Festa de Ortoño
Consertasso na horta 
12 de xullo
Barrio de San Benito
NoitiNHas 2026
15 de xullo
Avda. do Burgo das Nacións, s/n