Evento: Real Filharmonía de Galicia – Dirección futura

Real Filharmonía de Galicia – Dirección futura
xoves, 10 decembro, 2026 - 20:00
Avenida do Burgo das Nacións,
Santiago de Compostela

Real Filharmonía de Galicia – Dirección futura

O programa musical reúne tres obras de gran diversidade estilística e técnica: /Arena/ de Magnus Lindberg, escrita inicialmente para un concurso de dirección e concibida como un desafío técnico e expresivo; a S...

A Real Filharmonía de Galicia reafirma o seu compromiso coa formación e o impulso das novas xeracións de directoras e directores a través dun proxecto pedagóxico que pon o foco na práctica orquestral real. Baixo a dirección de Baldur Brönnimann, a orquestra consolida unha liña de traballo vinculada á aprendizaxe, á experimentación e ao contacto directo co repertorio sinfónico profesional.
Nesta ocasión, a RFG pon en marcha un curso internacional de dirección no que oito participantes seleccionados de todo o mundo terán a oportunidade de traballar coa orquestra nun concerto aberto ao público. A proposta combina formación, experiencia escénica e acompañamento artístico nun contexto profesional de alto nivel.
O programa musical reúne tres obras de gran diversidade estilística e técnica: Arena de Magnus Lindberg, escrita inicialmente para un concurso de dirección e concibida como un desafío técnico e expresivo; a Suite núm. 1 de El sombrero de tres picos de Manuel de Falla, chea de cor, ritmo e enerxía; e a Sinfonía núm. 4 en Mi menor de Johannes Brahms, unha das grandes culminacións do sinfonismo romántico. Un repertorio que permite ás persoas participantes explorar diferentes linguaxes e consolidar o seu propio perfil artístico.
A cita terá lugar o xoves 10 de decembro ás 20:00 horas no Auditorio de Galicia. Inclúe conversa previa con Baldur Brönnimann ás 19:15 horas na Sala Mozart. Entradas: 15 €.

 
 

Máis eventos de tipo Concerto

A banda no rock
20 de agosto
Parroquia de Manduas (Bandeira)
Terapia de Grupo
20 de agosto
Rúa Rosalía de Castro
Pili Pampín
21 de agosto
Pena de Francia
Deitado na area
21 de agosto
Parque Irmáns Dios Mosquera (ou Auditorio en caso de mal tempo)