Evento: Real Filharmonía de Galicia – (EN)FOCO #1 Xacobeo: Unha noite de tango

Real Filharmonía de Galicia – (EN)FOCO #1 Xacobeo: Unha noite de tango
venres, 16 outubro, 2026 - 20:00
Avenida do Burgo das Nacións,
Santiago de Compostela

Real Filharmonía de Galicia – (EN)FOCO #1 Xacobeo: Unha noite de tango

A Real Filharmonía de Galicia inaugura o ciclo (EN)FOCO desta tempada cunha proposta dedicada ao universo de Astor Piazzolla, figura clave na renovación do tango e creador dunha linguaxe musical que fusiona tra...

A Real Filharmonía de Galicia inaugura o ciclo (EN)FOCO desta tempada cunha proposta dedicada ao universo de Astor Piazzolla, figura clave na renovación do tango e creador dunha linguaxe musical que fusiona tradición e vangarda. Un concerto que percorre a intensidade emocional, a liberdade creativa e a forza expresiva dun dos compositores máis influentes do século XX.
Baixo a dirección de Matteo Dal Maso, a RFG interpreta unha selección de obras fundamentais de Piazzolla, desde Libertango ata Las cuatro estaciones porteñas, pasando por Chiquilín de Bachín, Five Tango Sensations e o Concerto para bandoneón “Aconcagua”. O programa complétase coa participación de Sofía Ros ao acordeón e das parellas de danza Óscar Cobos e Antía Barcia. O concerto celebrarase o venres 16 de outubro no Auditorio de Galicia ás 20:00 h e forma parte do Abono (EN)FOCO Xacobeo.
 

Máis eventos de tipo Concerto

Eiii Carballeira!!
1 de xullo
Paseo do Carboeiro
Dr. Flaming
2 de xullo
Rúa Rosalía de Castro
Odaiko Familiar
2 de xullo
Praza do Concello