Evento: Real Filharmonía de Galicia – O bosque de Grimm

Real Filharmonía de Galicia – O bosque de Grimm
sábado, 31 outubro, 2026 - 18:00
Avenida do Burgo das Nacións,
Santiago de Compostela

Real Filharmonía de Galicia – O bosque de Grimm

A Real Filharmonía de Galicia presenta un concerto familiar que combina música, teatro e imaxe dentro dunha proposta escénica pensada para todos os públicos. Unha experiencia na que a orquestra en directo dialo...

A Real Filharmonía de Galicia presenta un concerto familiar que combina música, teatro e imaxe dentro dunha proposta escénica pensada para todos os públicos. Unha experiencia na que a orquestra en directo dialoga coas artes escénicas para achegar a música clásica á infancia e ás familias desde unha linguaxe accesible e emocional.
O bosque de Grimm, de La Maquiné, inspírase no universo dos contos de fadas recompilados por Perrault e os irmáns Grimm, tomando como base a suite Ma mère l’Oye de Maurice Ravel. A través de teatro xestual, monicreques e proxeccións, a obra percorre historias como Carapuchiña Vermella, Polgariño, Brancaneves ou A Cincenta, nunha viaxe poética polo bosque da fantasía. O espectáculo terá lugar o sábado 31 de outubro no Auditorio de Galicia ás 18:00 h.
 

Máis eventos de tipo Concerto

Cambia o conto
26 de agosto
Praza da Constitución
Consertasso na horta 
27 de agosto
Piscina Municipal
Tributo 70's e 80's
27 de agosto
Praza de Galiza
Lingua Urbana
28 de agosto
Monte Gaiás, s/n