Evento: TIN

TIN
xoves, 20 agosto, 2026 - 20:00
Paseo marítimo de Xubia,
Neda
Espectáculo de maxia de Dani García

Acabado de chegar dalgún lugar afastado, doutro tempo ou doutro modo de facer, e perdido no presente, no eiquí, no agora, está o noso viaxeiro protagonista, o noso coleccionista de linguas. Non hai imposibles que se resistan a unha persoa enxeñosa, pois unha simple idea en mans de quen non se rende pode cambiar o mundo. TIN é un espectáculo de rúa, pensado para que persoas de calquera idade poidan participar e gozar. Unha hora de maxia inventiva e persoal na que seguro os aplausos estarán acompañados das risas e as bocas abertas.

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

A volta a Galicia en 313 concellos
23 de agosto, 19:00
Azucreira de Portas - Portas - Pontevedra
Contos de trasnos e meigallos
23 de agosto, 19:30
Paseo do Malecón - Sarria - Lugo
Un rei e outros animais
23 de agosto, 20:00
Praza de O Regueiro - A Illa de Arousa - Pontevedra
Sonchistorias
23 de agosto, 20:30
Celeiro de Mariñaos - Barreiros - Lugo