Evento: BachCompostela· A última hora – Dor, consolo e esperanza

BachCompostela· A última hora – Dor, consolo e esperanza
xoves, 6 abril, 2028 - 21:00
Praza do Obradoiro,
Santiago de Compostela

BachCompostela· A última hora – Dor, consolo e esperanza

A Catedral de Santiago de Compostela, centro espiritual de Europa e meta de peregrinación desde hai séculos, acolle BachCompostela, un proxecto único que presenta a interpretación íntegra da obra para órgano de...

A Catedral de Santiago de Compostela, centro espiritual de Europa e meta de peregrinación desde hai séculos, acolle BachCompostela, un proxecto único que presenta a interpretación íntegra da obra para órgano de Johann Sebastian Bach en 21 concertos. Un ciclo excepcional que coincide co Ano Santo Compostelán 2027 e o 50.º aniversario do órgano Mascioni do templo.
Os concertos, a cargo do organista Juan de la Rubia, celébranse os segundos xoves de cada mes entre outubro de 2026 e decembro de 2028. Os programas articúlanse arredor dos ciclos litúrxicos do ano e dos grandes contextos estéticos da obra bachiana: Italia, Francia, a Eucaristía, o coral e a transcrición.
Organista titular da Basílica da Sagrada Familia de Barcelona e profesor na Escola Superior de Música de Catalunya, Juan de la Rubia desenvolve unha traxectoria internacional como intérprete, improvisador e director, cunha especial dedicación ao repertorio de Johann Sebastian Bach.
Dedicado á reflexión sobre a morte, a esperanza e a redención, este programa reúne algúns dos corais máis intensos e conmovedores de Bach. As obras dialogan coas tradicións litúrxicas da Paixón e do final da vida cristiá, culminando nun dos cumios do repertorio organístico: a Fantasía e fuga en sol menor, BWV 542.
Programa
Da colección Neumeister

  • Aus tiefer Not schrei ich zu dir, BWV 1099
  • Nun lasset uns den Leib begraben, BWV 1111

Do Orgel-Büchlein

  • Wir danken dir, Herr Jesu Christ, BWV 623

Da colección Neumeister

  • Wenn dich Unglück tut greifen an, BWV 1104
  • Ich hab mein Sach Gott heimgestellt, BWV 1113

Da terceira parte do Clavier-Übung

  • Vater unser im Himmelreich, BWV 682
  • Ich hab mein Sach Gott heimgestellt, BWV 707

Do Orgel-Büchlein

  • In dich hab ich gehoffet, Herr, BWV 640
  • Wenn wir in höchsten Nöten sein, BWV 641
  • Valet will ich dir geben, BWV 736
  • Valet will ich dir geben, BWV 735.2 (Fantasía)

Da colección Neumeister

  • Christus, der ist mein Leben, BWV 1112

Do Orgel-Büchlein

  • Wer nur den lieben Gott lässt walten, BWV 642
  • Wer nur den lieben Gott lässt walten, BWV 690

Da colección Neumeister

  • Alle Menschen müssen sterben, BWV 1117
  • Herzlich tut mich verlangen, BWV 727
  • Fantasía (Preludio) e fuga en sol menor, BWV 542

Dos 18 corais de Leipzig

  • Wenn wir in höchsten Nöten sein / Vor deinen Thron tret ich hiermit, BWV 668.1

 

Máis eventos de tipo Concerto

XXVIII Ciclo de concertos de outono no Museo de Belas Artes da Coruña
Concertos de outono
27 de setembro a 29 de novembro
Museo de Belas Artes
Concerto da Schola Gregoriana Lucensis
17 de novembro
Biblioteca Pública de Lugo
Los Enemigos
20 de novembro
Rúa de Concepción Arenal, 5