Evento: BachCompostela·Bach en Francia – Ornamento e esplendor

BachCompostela·Bach en Francia – Ornamento e esplendor
xoves, 11 maio, 2028 - 21:00
Praza do Obradoiro,
Santiago de Compostela

BachCompostela·Bach en Francia – Ornamento e esplendor

A Catedral de Santiago de Compostela, centro espiritual de Europa e meta de peregrinación desde hai séculos, acolle BachCompostela, un proxecto único que presenta a interpretación íntegra da obra para órgano de...

A Catedral de Santiago de Compostela, centro espiritual de Europa e meta de peregrinación desde hai séculos, acolle BachCompostela, un proxecto único que presenta a interpretación íntegra da obra para órgano de Johann Sebastian Bach en 21 concertos. Un ciclo excepcional que coincide co Ano Santo Compostelán 2027 e o 50.º aniversario do órgano Mascioni do templo.
Os concertos, a cargo do organista Juan de la Rubia, celébranse os segundos xoves de cada mes entre outubro de 2026 e decembro de 2028. Os programas articúlanse arredor dos ciclos litúrxicos do ano e dos grandes contextos estéticos da obra bachiana: Italia, Francia, a Eucaristía, o coral e a transcrición.
Organista titular da Basílica da Sagrada Familia de Barcelona e profesor na Escola Superior de Música de Catalunya, Juan de la Rubia desenvolve unha traxectoria internacional como intérprete, improvisador e director, cunha especial dedicación ao repertorio de Johann Sebastian Bach.
Aínda que nunca visitou Francia, Bach coñeceu e admirou profundamente o refinamento da música francesa. Este programa explora a elegancia ornamental, o gusto pola danza e a riqueza tímbrica que caracterizaron esta tradición e que Bach incorporou á súa propia linguaxe musical. Un percorrido que culmina nalgunhas das obras máis monumentais e brillantes do seu catálogo para órgano.
Programa
Preludio en mi bemol maior, BWV 552.1
Dos 18 corais de Leipzig

  • Allein Gott in der Höh sei Ehr, BWV 663.2
  • Liebster Jesu, wir sind hier, BWV 730
  • Liebster Jesu, wir sind hier, BWV 731

Fantasía en do menor, BWV 562
Aria en fa maior, BWV 587(sobre o Air de La Convalescente de François Couperin)
Da terceira parte do Clavier-Übung

  • Fughetta super Wir gläuben all an einen Gott, BWV 681

Dos 18 corais de Leipzig

  • An Wasserflüssen Babylon, BWV 653.3

Da terceira parte do Clavier-Übung

  • Dies sind die heiligen zehn Gebot, BWV 678

Pièce d’Orgue en sol maior, BWV 572.2
 

Máis eventos de tipo Concerto

XXVIII Ciclo de concertos de outono no Museo de Belas Artes da Coruña
Concertos de outono
27 de setembro a 29 de novembro
Museo de Belas Artes
Concerto da Schola Gregoriana Lucensis
17 de novembro
Biblioteca Pública de Lugo
Los Enemigos
20 de novembro
Rúa de Concepción Arenal, 5