Evento: BachCompostela·Vento e lume – O Espírito e Pentecostés
BachCompostela·Vento e lume – O Espírito e Pentecostés
A Catedral de Santiago de Compostela, centro espiritual de Europa e meta de peregrinación desde hai séculos, acolle BachCompostela, un proxecto único que presenta a interpretación íntegra da obra para órgano de Johann Sebastian Bach en 21 concertos. Un ciclo excepcional que coincide co Ano Santo Compostelán 2027 e o 50.º aniversario do órgano Mascioni do templo.
Os concertos, a cargo do organista Juan de la Rubia, celébranse os segundos xoves de cada mes entre outubro de 2026 e decembro de 2028. Os programas artéllanse en torno aos ciclos litúrxicos do ano e aos grandes contextos estéticos da obra bachiana.
Organista titular da Basílica da Sagrada Familia de Barcelona e profesor na Escola Superior de Música de Catalunya, Juan de la Rubia desenvolve unha traxectoria internacional como intérprete, improvisador e director, cunha dedicación especial ao repertorio de Johann Sebastian Bach. A súa formación en Valencia, Barcelona, Berlín, Toulouse e Roma, con mestres como Montserrat Torrent, Wolfgang Seifen e Michel Bouvard, foi completada con figuras como Olivier Latry e Ton Koopman.
PROGRAMA (GL) BWV 651, 652, 667 BWV 631–633 BWV 804, 805, 677 BWV 540



