Evento: BachCompostela-Constelacións. Pezas errantes, apócrifos e o Bach lendario

BachCompostela-Constelacións. Pezas errantes, apócrifos e o Bach lendario
xoves, 14 xaneiro, 2027 - 21:00
Praza do Obradoiro,
Santiago de Compostela

BachCompostela-Constelacións. Pezas errantes, apócrifos e o Bach lendario

A Catedral de Santiago de Compostela acolle BachCompostela, un proxecto excepcional que levará á interpretación íntegra da obra para órgano de Johann Sebastian Bach en 21 concertos, coincidindo co Ano Santo Com...

A Catedral de Santiago de Compostela acolle BachCompostela, un proxecto excepcional que levará á interpretación íntegra da obra para órgano de Johann Sebastian Bach en 21 concertos, coincidindo co Ano Santo Compostelán 2027 e co 50 aniversario do órgano Mascioni da Catedral. Os concertos, interpretados polo organista Juan de la Rubia, celebraranse os segundos xoves de cada mes entre outubro de 2026 e decembro de 2028. Organista titular da Basílica da Sagrada Familia de Barcelona e recoñecido intérprete internacional, Juan de la Rubia é unha das grandes referencias actuais na interpretación da obra de Bach.
Constelacións reúne obras de atribución incerta, fragmentos, pezas apócrifas e composicións que contribuíron a construír a lenda arredor da figura de Bach. Un programa que explora as marxes do catálogo bachiano e invita a descubrir a fascinante historia da transmisión musical, entre certezas documentais, tradicións orais e obras que alimentaron durante séculos o mito do compositor.
 

Máis eventos de tipo Concerto

Eiii Carballeira!!
1 de xullo
Paseo do Carboeiro
Dr. Flaming
2 de xullo
Rúa Rosalía de Castro
Odaiko Familiar
2 de xullo
Praza do Concello