Evento: Misterios para o verán: unha selección de cozy crime

  • Imaxe
Misterios para o verán: unha selección de cozy crime
mércores, 1 xullo, 2026 a mércores, 30 setembro, 2026
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Misterios para o verán: unha selección de cozy crime

Mostra bibliográfica

Este verán, a Biblioteca Pública Ánxel Casal propón unha viaxe ao encantador mundo do cozy crime, un subxénero da novela policíaca onde o misterio se resolve sen violencia explícita e cun toque de humor, enxeño e vida cotiá.

Ambientadas en pequenos pobos, librerías, salóns de té ou comunidades aparentemente tranquilas, estas historias invitan a que nos convirtamos en detectives ao longo dunhas páxinas. Unha selección perfecta para desfrutar da lectura entre intrigas lixeiras e personaxes entrañables.

Pode visitarse no 2º andar do 1 de xullo ao 31 de agosto de 8.30 a 14.30h e ao longo de setembro no horario habitual da biblioteca.

Máis eventos de tipo Exposición