Evento: Misterios para o verán: unha selección de cozy crime
Misterios para o verán: unha selección de cozy crime
mércores, 1 xullo, 2026 a sábado, 12 setembro, 2026
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela Misterios para o verán: unha selección de cozy crime
Mostra bibliográfica
Este verán, a Biblioteca Pública Ánxel Casal propón unha viaxe ao encantador mundo do cozy crime, un subxénero da novela policíaca onde o misterio se resolve sen violencia explícita e cun toque de humor, enxeño e vida cotiá.
Ambientadas en pequenos pobos, librerías, salóns de té ou comunidades aparentemente tranquilas, estas historias invitan a que nos convirtamos en detectives ao longo dunhas páxinas. Unha selección perfecta para desfrutar da lectura entre intrigas lixeiras e personaxes entrañables.
Pode visitarse no 2º andar do 1 de xullo ao 12 de setembro.
Máis eventos de tipo Exposición



