Evento: Miserábeis 

Miserábeis 
sábado, 27 xuño, 2026 - 18:00
Salón Teatro,
Santiago de Compostela

Miserábeis 

Musical a partir da obra de Víctor Hugo

Miserábeis é un proxecto sen precedentes a partir da obra de Víctor Hugo, artellado en torno a unha fonda reflexión sobre a importancia dunha aprendizaxe cooperativa, competencial, dende unha óptica feminista e en lingua galega. Sobre as táboas reunímonos grande parte da comunidade educativa do IES Illa de Ons de Bueu, mais de 70 persoas entre profesorado, alumnado, persoal non docente e familias.

A nosa versión de Miserábeis incorpora elementos da idiosincrasia galega achegando á nosa realidade esta historia atemporal e comprométese con temas da máis absoluta actualidade como a revolución dos pobos, a loita pola liberdade; a diverxencia que hai ás veces entre a lei e a justiza e o fracaso que supón para a Humanidade que morra un só neno, unha soa nena en calquera dos múltiples conflitos que nos asolan.

Dende o ano 2019 Miserábeis recibe diversos recoñecementos como o Primeiro Premio de Innovación Educativa en Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia e o Primeiro Premio en Educación en Valores dentro dos Premios Provinciais á Xuventude que outorga a Deputación de Pontevedra, ademáis de ter participado en diferentes eventos teatrais como Ponteatro 2025. 

 

FICHA ARTÍSTICA:

Texto orixinal: Víctor Hugo

Dirección e adaptación: Teté García 

Elenco: Comunidade educativa do IES Illa de Ons (Bueu)

Duración: 90 min

Máis eventos de tipo Espectáculo

Monxa Millo Sentinela
19 de xuño
Salón Teatro
Danza 3 | Xacarandaina
4 de xullo
Campo da festa
Os Rizos de Lía
4 de xullo
Espazo Lorenzo Varela
Danza 3 | O Fiadeiro
4 de xullo
Ermida