Evento: Peor imposible

Peor imposible
domingo, 12 xullo, 2026 - 19:00
Barrio de San Benito,
O Porriño

Peor imposible

Espectáculo familiar de novo circo a cargo de Peter Punk Pallaso

O cuarto espectáculo de Peter Punk. Un novo unipersoal deste recoñecido pallaso galego, no que mantén a súa esencia e o humor irreverente co que se deu a coñecer. E onde dá mostra da súa veterania e madurez, tras máis dunha década de traxectoria profesional.  

Peter Punk non contaba con que as cousas sempre poden ir a peor. Na súa nova aventura, non lle queda outra que afrontar o seu fracaso. Pero está disposto a todo pola risa do público.

Unha catedral de nove paraugas en equilibrio, o salto ao baleiro dun voluntario a cegas, o perigoso Circuito da Morte, e un evocador final que sorprenderá @s máis cativ@s e fará reflexionar ao público adulto.

Nesta ocasión veremos a un pallaso optimista, equilibrado e olímpico, que buscará a complicidade do público para superar as dificultades que atopará en cada rutina, como unha metáfora dos tempos que vivimos.

Outras datas

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Unha de piratas
25 de xuño, 19:00
Praza do Campo da Feira - Guitiriz - Lugo
DOA
25 de xuño, 20:30
Igrexa de San Domingos de Tui - Tui - Pontevedra
Backstage
25 de xuño, 20:30
Auditorio de San Benito - A Guarda - Pontevedra
Quiquiriquí
26 de xuño, 12:30
Espazo Lorenzo Varela - Monterroso - Lugo