Evento: Versions a nosa maneira
Versions a nosa maneira
Versions a nosa maneira
Un concerto de Los Camachuelos
Los Camachuelos é unha banda de versións de verdade. Unha formación con distintas personalidades -Rumba, Ska, Funk, Rock, Reggae, Disco, Indie, Cumbia-, que se mesturan dando un aire fresco e actual a cada cover, sempre respectando a esencia musical das cancións orixinais. Nos seus concertos poderás bailar, cantar e gozar de éxitos atemporais que che farán vibrar como a primeira vez que os escoitaches, pero á forma dos Camachuelos. Desde o 2018, ano de nacemento da banda, esta formou parte dos carteis de diferentes verbenas populares, festivais, programación de anuais de locais e salas de concertos, eventos de promoción artística e outros expectáculos musicais en diferentes puntos da xeografía galega e española.
Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño
31 de agosto, 10:00
Escolas Vellas - Xunqueira de Ambía - Ourense
31 de agosto, 20:00
Praza da Constitución - Cee - A Coruña