Evento: O Último que Apague a Luz

O Último que Apague a Luz
domingo, 16 agosto, 2026 - 19:30
Aparcadoiro piscinas municipais,
Castroverde

O Último que Apague a Luz

Un espectáculo de A Vela Circo

Desde o humor e o circo este espectáculo toma como punto de partida o universo creado por dous pallasos que deciden casar. Que pode pasar?

Esta aloucada cerimonia faranos reflexionar sobre o porqué de certas tradicións. Esnaquizarán a torta ou comerán o ramo? A través do movemento e o circo aparecerán as historias máis esmendrellantes que podas imaxinar. Neste ritual como en toda gran voda entremézclanse o clown, equilibrios sobre torta, manipulación de obxectos entre veos e o lanzamiento olímpico do ramo. Todos estes elementos conxúganse na procura dun circo do absurdo, o ritmo e a poética do caos do noso tempo.

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Historias para escagarriñarse
27 de agosto, 12:00
CEIP O Pumar. Urdilde - Rois - A Coruña
Dende arriba
27 de agosto, 20:00
Praza da Constitución - Cee - A Coruña
Hoxe si!
27 de agosto, 20:00
Campo dos Subarreiros - Neda - A Coruña
Tributo 70's e 80's
27 de agosto, 21:00
Praza de Galiza - Arzúa - A Coruña