Evento: Gran Cuarteto da Familia Bocaprier

Gran Cuarteto da Familia Bocaprier
domingo, 26 xullo, 2026 - 20:00
Briallos,
Portas

Gran Cuarteto da Familia Bocaprier

Espectáculo de teatro familiar a cargo da Familia Brocapier

Félix Rodríguez, Olivier Cano, Lydia Botana e Óscar Prieto forman o Gran Cuarteto da Familia Bocaprier.

Nunha pequena casa dunha remota vila dun país descoñecido vive a Familia Bocaprier: unha longa estirpe de músicos de dubidoso prestixio internacional criada entre todo tipo de instrumentos.

O Gran Cuarteto da Familia Bocaprier chega á súa vila para amenizar as rúas co seu espectáculo itinerante cargado, non só coa mellor música, se non con todo o aprendido durante anos e anos de estudio... con outras familias. Un combinado de balkan, ska, rumba, coreografías, cantos tribais e triviais. Nada se lle resiste a este cuarteto de artistas multidisciplinares pouco disciplinados nesta aventura musical a base de ritmo, enerxía, interacción co público e moito humor.

Outras datas

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Charlatán Rodríguez
29 de xuño, 19:00
Teleclub de Lantaño - Portas - Pontevedra
Sen Patrón
30 de xuño, 19:00
Exterior piscina municipal - Oroso - A Coruña
Eiii Carballeira!!
1 de xullo, 19:00
Paseo do Carboeiro - Oroso - A Coruña
Dr. Flaming
2 de xullo, 20:30
Rúa Rosalía de Castro - Lalín - Pontevedra