Evento: Estremonías da silva 

Estremonías da silva 
xoves, 13 agosto, 2026 - 11:15
Centro Sociocultural de Xuventude e Terceira Idade,
Monterroso

Estremonías da silva 

Espectáculo de teatro a cargo de LÎLÂ Teatro

A silva é un arbusto espiñento e gabeador que ocupa terreos abandonados e forma valados que coidan con fervor as heredades.

Ao seu abeiro créase un hábitat moi singular e unha terra fértil ideal para o cultivo. Resulta paradóxico que unha planta que produce tanta aversión regale uns froitos tan exuberantes e deliciosos... As amoras. 

Cantos amores prenderon nunha silveira... Lines de Silva non é portuguesa nin do Brasil.  É dunha aldea que se chama Sobrado. Disque non se dá ninguna importancia por iso. Tal é a súa dote para inventar historias que se gañou o alcume de 'Curuxa dos inxenios', en honor a Lope de Vega, creador de silvas.

A silva é unha estrofa poética precursora do verso libre. Tamén é unha escolma de escritos de temas diversos que aparentemente non gardan ninguna relación entre sí...

En Sobrado aconteceron sucesos estrafalarios. Moitos deles quedaron prendidos na raizame das silveiras agardando o  momento de seren rescatados...

As amoras están cheas de tinta..

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

#todotrucazos
17 de agosto, 12:00
Colexio CEIP Coirón - Meaño - Pontevedra
Hoxe si!
17 de agosto, 19:00
Praza do Convento - Melide - A Coruña
Museo Máxico 
18 de agosto, 11:30
Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey - O Grove - Pontevedra
Circo Cambuche
18 de agosto, 19:00
Praza do Convento - Melide - A Coruña