Evento: Trasnadas revolucionarias
Trasnadas revolucionarias
Trasnadas revolucionarias
un espectáculo da Maga Fani
Unha revolución, a xeito de concatenación de trasnadas sorprendentes, para facernos pensar e rir, coas que mudar a realidade.
Entrade a unha enchente de maxia dentro dunha xolda de divertimentos.
Un feixe de chistes visuais estrafalarios para facer aparecer facianas relucentes de ledicia.
Unha malleira de enredos para a celebración desta esmorga de sorpresas, que precisan do comportamento excéntrico e coordinado de toda a concorrencia, para imprimir unha doce revolución da actualidade.
Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño
31 de xullo, 11:30
Campo de Arriba Rianxo - Rianxo - A Coruña
31 de xullo, 12:00
Centro Social - Pontecesures - Pontevedra
31 de xullo, 17:00
Toural Vilar de Barrio - Vilar de Barrio - Ourense
31 de xullo, 20:00
Postemirón - Vilaboa - Pontevedra