Evento: Eh, Sabina!

Eh, Sabina!
venres, 24 xullo, 2026 - 22:30
Porto,
Muxía

Eh, Sabina!

Un concerto de Diego Pacheco

Eh Sabina! nace da aclamación popular, da devoción pola música do gran Joaquín Sabina, da necesidade das súas cancións e das emocións que producen en nós, xeración tras xeración.

A admiración e respeto ás cancións do mestre conseguiron xuntar os mellores músicos do país, dando como resultado un espectáculo excepcional e sobresaínte que non deixa indiferente a ninguén, unha aposta segura.

Ao frente da banda está Antonio Feijoo, máis coñecido coma “Xiñor Tonichi”, frontman sen igual, máis de 20 anos sobre as táboas, percorreu escenarios por todo o mundo con artistas como Manu Chao, Emir Kusturica, Festicultores Troupe, Raimundo Amador ou Kiko Veneno.

Á guitarra temos ao inigualable Diego Pacheco. Compartiu escenario e estudio con artistas da talla de James Brown, Nacho Vega, Hook Herrera, Coque Malla, Jerry González, Antonio Serrano (Paco de Lucía), Jorge Pardo e un largo etc. A sua vez, leva grabado como músico de estudio en máis de oitenta discos de artistas nacionais, internacionais, e realizado arranxos e composicións para teatro, tv e cine.

Rafael Morales, titulado superior en baixo eléctrico polo Consevatorio de Amsterdam. Realizou xiras por Holanda, E.E.U.U., Bélxica, Italia, Francia, Lituania, Hungría , Dinamarca, Republica Checa, Eslovaquia… co mellor do Jazz, Latin, e Pop Europeo.

Leandro Deltell, titulado en Percusión polo Conservatorio Superior de Música e profesor da Yamaha Popular Musik School. Acompañou artistas como Marful, Talabarte, Budiño, Mercedes Peón, Guadi Galego, El Tío Calambres ou Óscar Ibáñez.

Máis eventos de tipo Concerto

NoitiNHas 2026
9 de setembro
Avda. do Burgo das Nacións, s/n
A Voz Humana
11 de setembro
Avenida do Burgo das Nacións
Kenny “Blues Boss” Wayne
13 de setembro
Rúa de Concepción Arenal, 5
Legends Tour
17 de setembro
Auditorio Municipal Manuel María