Evento: De Vilatriste a Vilalegre

De Vilatriste a Vilalegre
sábado, 11 xullo, 2026 - 16:30
Área Recreativa de Pontepedra ,
Sobrado

De Vilatriste a Vilalegre

Un espectáculo de monicreques de Teatro ó Cubo

Trepas é o alcume dun habitante de Vilatriste enredado inesperadamente nunha singular aventura: salvar á vila das fauces dun malvado dirixente. Xunto a unha inusual superheroína descobren a fórmula para vencer ao seu inimigo pero... funcionará? 

De Vilatriste a Vilalegre é unha divertidísima creación de Teatro ó Cubo con monicreques e actores, para pequenas e maiores froito dunha coprodución co Centro Dramático Galego con moitvo do seu 40 aniversario.

 

FICHA ARTÍSTICA

Autoría: Roi Vidal

Dirección: Sofía Espiñeira e Roberto C. Mouriño

Escenografía e vestiario: Teatro ó Cubo

Deseño sonoro e iluminación: Teatro ó Cubo

Música: Brais das Hortas

Elenco artístico: Uxía Algarra e Roberto Casal

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

A volta a Galicia en 313 concellos
1 de agosto, 12:00
Toural Vilar de barrio - Vilar de Barrio - Ourense
The Homens
1 de agosto, 12:30
Parque da Hortiña. Limodre - Fene - A Coruña
Trasnadas revolucionarias
1 de agosto, 16:00
O Muíño - Sarreaus - Ourense
Pablo Vila
1 de agosto, 19:30
Praza do Camiño - Portomarín - Lugo