Evento: Mad Martin Trío

Mad Martin Trío
venres, 14 agosto, 2026 - 22:30
Paseo do Malecón,
O Barco de Valdeorras

Mad Martin Trío

Concerto de música rockabilly

A banda empezou en abril de 2014. Tocan un rock & roll clásico. Debutaron coa presentación de It Was A Very Good Year (2014), tema talismán do trío. Desde entón, publicaron Seven Lucky Shots (2014) editado en España por Molusco Discos e Time To Go Mad (2015), un longo que inclúe 14 temas publicado en Escandinavia polo selo sueco Vintjärn Records. Eileen, incluído en Time To Go Mad foi escollido entre os 100 favoritos do ano no programa El Sótano de Radio3 de Diego R.J.

Desde entón non pararon de tocar por media Europa e toda a xeografía española. No 2015 foron os gañadores en Madrid do concurso Azkena Rock Party entre un número considerable de bandas. Agora presentan Tornado un vinilo en 10 financiado cunha exitosa campaña de micromecenado, producido por Mike Mariconda e gravado pola vella e en analóxico, no que inclúen temas propios e algunhas versións como Tornado dos Jiants que dá título ao disco e que é das favoritas da banda.

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Estremonías da silva 
13 de agosto, 11:15
Centro Sociocultural de Xuventude e Terceira Idade - Monterroso - Lugo
Chuches Amil 
13 de agosto, 20:00
Lodoselo - Sarreaus - Ourense
Comisión de festas
13 de agosto, 20:00
Martín - O Rosal - Pontevedra
Apren-Deimi
13 de agosto, 20:00
Praia fluvial de San Clodio - Ribas de Sil - Lugo