Evento: Louband

Louband
domingo, 9 agosto, 2026 - 18:00
Praza do Portal,
Sobrado
Espectáculo de música a cargo de Louband

Louband é unha formación musical nacida en Sarria no ano 2017. O seu estilo musical inclúe versións de clásicos musicais tanto en galego como en castelán: ska, reggae, cumbia, pop e rock. Todas as versións están arranxadas dando protagonismo ás voces e os ventos da formación. Do repertorio en galego destacan versións como O Tren de Andrés do Barro, Quen puidera Namorala de Luis Emilio Batallán así como tributos a outros grupos galegos coñecidos como Lamatumbá, Siniestro Total ou Heredeiros da Crus. No repertorio en castelán conflúen numerosos estilos entre a cumbia, o pop dos 80's e 90's e o rock máis exitoso.

Máis eventos de tipo Concerto

NoitiNHas 2026
9 de setembro
Avda. do Burgo das Nacións, s/n
A Voz Humana
11 de setembro
Avenida do Burgo das Nacións
Kenny “Blues Boss” Wayne
13 de setembro
Rúa de Concepción Arenal, 5
Legends Tour
17 de setembro
Auditorio Municipal Manuel María