Evento: En busca de la felicidad

En busca de la felicidad
venres, 5 xuño, 2026 a venres, 31 xullo, 2026
Rúa do Cardeal Payá, 9,
Santiago de Compostela

En busca de la felicidad

A Galería LUISA PITA inaugura o 5 de xuño a exposición /En busca da felicidade/, do artista cubano David Planas. A mostra reúne unha coidada selección de catorce obras entre pintura, instalación e escultura re...

A Galería LUISA PITA inaugura o 5 de xuño a exposición En busca da felicidade, do artista cubano David Planas.
A mostra reúne unha coidada selección de catorce obras entre pintura, instalación e escultura realizadas entre 2023 e 2026, nas que o artista continúa a expandir a súa linguaxe plástica. Nesta exposición, Planas afonda na construción da paisaxe desde unha mirada persoal, explorando os límites entre a abstracción xeométrica e a representación figurativa. A felicidade preséntase como unha busca aberta, vinculada á experiencia e á maneira na que percibimos e lembramos a contorna.
Nas súas obras, a imaxe constrúese a partir dunha trama de triángulos cromáticos que, de preto, funcionan como fragmentos autónomos de cor e, ao afastarse, articulan paisaxes, escenas ou figuras recoñecibles. A exposición inclúe tamén dúas obras da súa serie de rostros femininos, que dialogan co conxunto e amplían a súa lectura emocional.
O seu linguaxe visual desenvolve superficies densas de cor, estruturadas mediante formas xeométricas e materiais diversos, convertendo cada peza nun espazo de experimentación entre materia, percepción e emoción.
David Planas formouse na Escola Vocacional de Arte Juan Pablo Duarte e na Escola Nacional de Artes Plásticas da Habana. Tras residir en Alemaña e Italia, estableceuse en España, fixando a súa residencia en Santiago de Compostela. A súa obra ten presenza internacional en países como Alemaña, Italia, Estados Unidos e Bulgaria, e foi presentada en feiras como Art Miami ou Art Madrid.
 

Máis eventos de tipo Exposición

Tabulae intellecti et mysterii
12 de decembro a 31 de xullo
Rúa de Santo Agostiño
Restitución das estatuas do Mestre Mateo
28 de decembro a 25 de xullo
San Domingos de Bonaval s/n
Antifémina · Colita
25 de marzo a 1 de agosto
Avenida do Burgo das Nacións