Evento: Universo Cantigas

  • universo_cantigas
Universo Cantigas
venres, 5 xuño, 2026 - 19:30
Museo Etnolóxico de Ribadavia,
Ribadavia

Universo Cantigas

Unha edición monumental que recupera e achega ao presente as nosas cantigas medievais.

A poesía medieval galego-portuguesa protagoniza este encontro arredor de Universo Cantigas, unha edición monumental que recupera e achega ao presente as nosas cantigas medievais.

Cantigas de Amor reúne as 704 cantigas de amor transmitidas polos cancioneiros medievais.

Cantigas de Amigo recolle as 501 cantigas de amigo conservadas na tradición manuscrita.

Un proxecto coordinado por Manuel Ferreiro (UDC), coa participación de Mariña Arbor Aldea (USC), Bieito Arias Freixedo (UVigo) e Leticia Eirín (UDC), que está a recibir recoñecemento en Galiza, Portugal e no ámbito internacional pola súa extraordinaria relevancia académica e cultural.

https://museoetnoloxicoribadavia.xunta.gal/gl/actividades

 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2026
11 de setembro
Centro de Maiores Os Gozos
Toponimízate 2026
25 de setembro
Sala Coworking - Antiga Casa Cuartel
Toponimízate 2026
2 de outubro
Mercado das Neves