Evento: Cé Orquestra Pantasma

  • ce_orquestra_pantasma
Cé Orquestra Pantasma
mércores, 5 agosto, 2026 - 19:00
Praza do Concello,
A Mezquita

Cé Orquestra Pantasma

Un concerto do home orquestra para toda a familia

Baixo Cé Orquestra Pantasma agóchase o vigués César Freiria, músico autodidacta e apaixonado dos instrumentos musicais. Comezou a súa andaina musical aos oito anos dentro da música tradicional e dende aquela non deixou de navegar polos variados estilos da música popular, chegando a formar parte de grupos tan dispares entre si coma A Roda ou a banda de punk Oxtiax ke te Pariu. 

Desde comezos do verán de 2008 e con máis de 150 concertos por ano, este músico leva percorrido toda a xeografía galega, paseándose polos mellores festivais e festas do país levando ás costas a súa proposta: Cé Orquestra Pantasma, un proxecto musical, unipersoal e versátil, grazas ao seu amplo e variado repertorio, no que se conxuga á perfección toda unha vida musical.

Máis eventos de tipo Concerto

NoitiNHas 2026
9 de setembro
Avda. do Burgo das Nacións, s/n
A Voz Humana
11 de setembro
Avenida do Burgo das Nacións
Kenny “Blues Boss” Wayne
13 de setembro
Rúa de Concepción Arenal, 5
Legends Tour
17 de setembro
Auditorio Municipal Manuel María