Evento: Carapuchiña e os cinco lobiños

Carapuchiña e os cinco lobiños
luns, 13 xullo, 2026 - 12:00
Casa da Cultura ,
Palas de Rei

Carapuchiña e os cinco lobiños

Un contacontos de Ángeles Goás

Carapuchiña e os cinco lobiños é un espectáculo de narración oral e música onde a grande protagonista é unha Carapuchiña Vermella que vive unha aventura un pouco diferente. No seu camiño, a falta dun lobo, hai cinco lobiños que son tan pequerrechiños que caben na súa cesta.

A combinación da narración de Ángeles Goás e a música de Cristina Castro crea un ambiente no que os máis pequechos e pequechas da casa estarán entretidas e gozarán coa familia.

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Canta, Buguina, Canta!
16 de xuño, 10:15
Escola Infantil - Ribadumia - Pontevedra
A maxia dos libros
16 de xuño, 11:30
Centro de Día - Miño - A Coruña
A volta a Galicia en 313 concellos
19 de xuño, 19:00
Praza do Concello - Palas de Rei - Lugo
Circo de lume
23 de xuño, 23:00
Campo da Torre - Caldas de Reis - Pontevedra