Evento: Café Dorothé (versión dúo)
Café Dorothé (versión dúo)
Café Dorothé (versión dúo)
Espectáculo de música a cargo de Café Dorothé
Imos cantar, bailar e xogar esas lindas cancións que con tanto agarimo deixou Dorothé Schubarth escritas nos seus libros.
Con café, con Antón Santamarina e con moita paciencia e traballo Dorothé logrou realizar esta obra que a día de hoxe segue a ser considerada o máis amplo repertorio da música popular de tradición oral galega. Sonsoles Penadique e Virxilio da Silva presentan este espectáculo para público familiar con versións moi persoais das melodías do cancioneiro. Unha sesión para escoitar, facer e vivir a música en familia e achegarse a estes libros que compoñen a máis extensa e minuciosa compilación da música popular galega.
Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño
27 de agosto, 12:00
CEIP O Pumar. Urdilde - Rois - A Coruña
27 de agosto, 20:00
Praza da Constitución - Cee - A Coruña
27 de agosto, 21:00
Praza de Galiza - Arzúa - A Coruña
