Evento: Abracadaver

Abracadaver
venres, 10 xullo, 2026 - 20:00
Paredes,
Vilaboa

Abracadaver

Un espectáculo de circo de AsSircópatas

Abracadaver é un espectáculo de circo terrorificamente divertido. Unha terapia de choque para partirse de risa e desfacerse dos medos, unha oportunidade para vivir a experiencia do teatro en familia. En definitiva, un divertidísimo show de rúa para todos os públicos. A través de Rogelio, un entrañable personaxe de ficción ao que lle dá vida o actor Dani Blanco, AsSircópatas preséntannos esta delirante proposta chea de sustos e bo humor. Clown, malabares, escapismo, rulo, acordeón, serrucho... todo á disposición dun actor preparado para levar a cabo o seu Abracadaver.

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Royal
3 de agosto, 20:00
Alameda - Ordes - A Coruña
Flash
4 de agosto, 11:00
Praza da Constitución - San Cibrao das Viñas - Ourense
Xan das ondas
4 de agosto, 11:30
Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey - O Grove - Pontevedra
Os Rizos de Lía
4 de agosto, 18:00
Campo da Feira - Carral - A Coruña