Evento: A vida tola
A vida tola
A vida tola
Un espectáculo de circo a cargo de Pajarito
Este espectáculo de clown e escapismo para todos os públicos achéganos ao peculiar universo desta muller-nena que anda solta polas rúas e fai de cada ocasión e espazo un novo motivo e lugar para o xogo. Pajarito interactúa co público e cos transeúntes que paran a ver as tolerías que lles ofrece esta gran pallasa.
Pajarito é a número un, e a número dous tamén.... é patrimonio da humanidade, a oitava marabilla do mundo!!!
Con dous voluntarios, moitos xogos e un fermoso número de escapismo percorreremos o proceso de liberación das súas ataduras, onde a pequena remata libre coma o vento e con moitas ganas de... "coñecer mundo". Risos garantidos.
Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño
27 de agosto, 12:00
CEIP O Pumar. Urdilde - Rois - A Coruña
27 de agosto, 20:00
Praza da Constitución - Cee - A Coruña
27 de agosto, 21:00
Praza de Galiza - Arzúa - A Coruña
