Evento: A viaxe feliz de Ramón Sanfiz

A viaxe feliz de Ramón Sanfiz
domingo, 2 agosto, 2026 - 20:00
Praza de Forcarei,
O Pino

A viaxe feliz de Ramón Sanfiz

Un espectáculo teatral a cargo de Fantoches Baj

En 1927, Ramón Otero Pedrayo e Vicente Risco, emprenderon unha peregrinación de Ourense a Santo André de Teixido (Cedeira). Desa viaxe polos antigos camiños do país naceu o libro Pelerinaxes I, con textos de Ramón Otero Pedrayo e ilustracións de Vicente Risco.

Na nosa montaxe, Ramón Sanfiz, personaxe creada por Fernández del Riego en homenaxe a Otero Pedrayo, seguirá en triciclo o itinerario descrito por este no libro Pelerinaxes I. Ao chegar a Santo André contaralle ao público presente no milladoiro o obxectivo e as peripecias da súa viaxe, misturando deste xeito no relato a experiencia de Otero coa súa propia e coas lendas e contos do rico patrimonio oral polos que discorre o camiño.

Despois de deixar dúas pedras no milladoiro de Santo André de Teixido, Ramón Sanfiz, alter ego de Fernández del Riego e músico da Rondalla Mindoniense do Pallarego, preséntase ante a xente alí reunida e cóntalle o que foi a sua viaxe en triciclo desde Ourense ata Teixido seguindo os pasos de Ramón Otero Pedrayo. Para elo servirase de instrumentos musicais tais como unha caixa de música, un pandeiro ou un timple canario e de obxectos como marionetas, un jumping-jack ou un kamishibai. Elementos que leva no seu triciclo e que vai sacando ao tempo que vai relatando os lugares polos que pasou na súa travesía a Santo André e que darán pé aos contos, cancións, historias, lendas e romances atopados por Ramón Otero Pedrayo na súa pelerinaxe polo centro de Galicia e que remata na Serra da Capelada.

 

FICHA ARTÍSTICA

Autoría e dirección: Inacio Vilariño

Escenografía: Luis Iglesias, “Luchi”

Deseño sonoro e iluminación: Fantoches Baj

Vestiario: María Chenut

Música: Tradicional

Elenco artístico: Inacio Vilariño

Outras datas

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Canta, Buguina, Canta!
16 de xuño, 10:15
Escola Infantil - Ribadumia - Pontevedra
A maxia dos libros
16 de xuño, 11:30
Centro de Día - Miño - A Coruña
Donas do lugar
17 de xuño, 18:00
Casa da cultura - Ribadumia - Pontevedra
Picadiscos María Faltri
18 de xuño, 12:00
Praza San Miguel de Reinante - Barreiros - Lugo