Evento: De ida e volta con Cris de Caldas e Amor Herrera

  • De ida e volta
De ida e volta con Cris de Caldas e Amor Herrera
sábado, 23 maio, 2026 - 19:00
Biblioteca de Galicia,
Santiago de Compostela

De ida e volta con Cris de Caldas e Amor Herrera

Espectáculo de narración oral con música e cancións ao vivo

A Biblioteca de Galicia organiza, con motivo do Día da Diversidade Cultural, o espectáculo De ida e volta, unha proposta de narración oral con música e cancións ao vivo da man de Cris de Caldas e Amor Herrera.

De ida e volta afonda na migración galega, con especial atención aos procesos migratorios das mulleres, a través dun percorrido polos tránsitos desde Galicia cara a Cuba e polas conexións culturais e sociais entre ambos os países.

A peza combina poesía, música e cancións en directo para reivindicar a memoria como ferramenta imprescindible para comprender o noso pasado e construír un presente e un futuro máis humanos. Un espectáculo emotivo e íntimo que convida á reflexión e ao encontro entre culturas.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Cancións begoñísimas. Tecedeira de soños
21 de maio
Espazo Sociocultural da Rúa Camilo José Cela
Cancións begoñísimas. Tecedeira de soños
22 de maio
Refectorio do Mosteiro
Cancións begoñísimas. Tecedeira de soños
24 de maio
Capela do Centro Cultural Torrente Ballester