Evento: Misha Bies Golas
Misha Bies Golas
O artista Misha Bies Golas regresa ao CGAC cun proxecto expositivo que reúne máis de dúas décadas de investigación arredor das vangardas históricas do século XX. A mostra ocupa a planta baixa do centro cunha instalación expandida formada por máis dun cento de esculturas e pequenas pinturas biomórficas, creando un percorrido aberto no que dialogan formas, materiais e procesos.
A exposición propón unha lectura non lineal da súa traxectoria artística, combinando referencias ás vangardas, á cultura material e ao espazo do taller como lugar de experimentación continua. As obras incorporan a manualidade, o erro, a mutabilidade e a economía de medios como elementos centrais dunha práctica artística marcada pola exploración e o proceso.
A partir do 12 de xuño, o proxecto complétase coa apertura do Dobre Espazo, unha instalación aérea composta por formas orgánicas suspendidas que introduce novas dimensións espaciais e performativas no percorrido.
Máis eventos de tipo Exposición



