Evento: Tinta e compromiso

  • Tinta e compromiso
Tinta e compromiso
luns, 18 maio, 2026 a xoves, 28 maio, 2026
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña

Tinta e compromiso

Escolas Católicas organiza todos os anos a Festa da LIngua e o Día das Letras, dúas actividades incluídas no convenio asinado coa Secretaría Xeral da Lingua para fomentar o uso do galego nos centros educativos.

Os coordinadores e coordinadoras de dinamización da lingua galega dos colexios da Coruña, coordinados pola súa vez por Susana Devesa, coordinadora de zona de Escolas Católicas e responsable do EDLG de Santa María do Mar,  decidiron que para estas propostas, o alumnado de ESO e Bacharelato investigase sobre o xornalismo galego, especialmente sobre a vida e obra de mulleres, vencellando este traballo coa faceta xornalística e feminista de Begoña Caamaño. O resultado plásmase en 21 carteis que constitúen unha exposición que se mostrará na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés ata o 28 de maio e que despois rulará polas distintas provincias para, finalmente, expoñela nos colexios que o soliciten.

 

Os colexios participantes son:

Fogar Santa Margarita, Grande Obra de Atocha, Santa María do Mar, Dominicos, Salesianos, Cristo Rei (Oleiros), Franciscanas, Nosa Señora do Carme (Betanzos), Esclavas, Calasancias, Escolapios e Compañía de María. Algúns dos  persoeiros estudados: Begoña Caamaño, Tareixa Navaza, Margarita Ledo, María Obelleiro, María Solar, Julia Otero, María Reimóndez, Eva Mejuto, Dora Vázquez, Maria Miramontes, Marta Dacosta, Claudia Morán, Carlos Casares e Fran Alonso.

 

Máis eventos de tipo Exposición

Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8
Granell cumpre 30 anos
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
A Ferrolana fondeada na baía de Cádiz. 1849 Ramón L. Barreiro. Debuxo a lapis e tinta
A volta ao mundo da corveta A Ferrolana
17 de outubro a 31 de maio
Casa da Navegación de Baiona