Evento: Poesíacordes
Poesíacordes
O lema do ICOM para o día Internacional dos museos de 2026 é “Museos unindo un mundo dividido” Preténdese, con este lema, destacar o papel dos museos como pontes entre as divisións culturais, sociais e xeopolíticas que fomentan o diálogo, o entendemento, a inclusión e a paz dentro e entre as comunidades de todo o mundo. Como espazos públicos de confianza e lugares de aprendizaxe, os museos contribúen á coexistencia pacífica e ao respecto mutuo.
Este ano, ademais da tradicional "Noite dos Museos" que sempre leva a cavo Viladonga, para o propio día 18 preséntase este espectáculo musical, preparado para alumnado de ESO e BACH.
Coa guitarra e voz de Francisco José Castro e a percusión de Valerio Araújo, Poesíacordes é un espectáculo coidado e próximo, especialmente deseñado para dialogar co espazo do Museo do Castro de Viladonga, poñendo en valor o seu carácter patrimonial e a súa singularidade histórica. A través dunha proposta musical sensible e accesible, búscase xerar unha experiencia cálida e memorable para o público asistente, reforzando o vínculo entre música, memoria e territorio. O espectáculo, baseado na música galega pop dende os anos 70 do século pasado e na moita poesía galega musicada, está concibido tamén como unha experiencia participativa, pensada para implicar activamente ao alumnado da ESO, favorecendo a súa conexión co patrimonio cultural e musical de Galicia.
Ao longo do día tamén se inaugura unha pequena exposición froito da colaboración coa Microrrede de Bibliotecas Escolares. Todos os centros que forman parte desta Microrrede estiveron a traballar nunha figura da súa contorna (en Muimenta sobre a figura das filloeiras, os de Xermade sobre os torneiros, a escola de educación infantil de Vilalba traballa as mulleres do liño...), traballo que se presenta nesta mostra.
Máis eventos de tipo Concerto


