Evento: Poesíacordes

  • Espectáculo musical polo Día Internacional dos Museos
Poesíacordes
luns, 18 maio, 2026 - 11:00
Museo do Castro de Viladonga,
Castro de Rei

Poesíacordes

Celebración do Día Internacional dos Museos

O lema do ICOM para o día Internacional dos museos de 2026 é “Museos unindo un mundo dividido” Preténdese, con este lema, destacar o papel dos museos como pontes entre as divisións culturais, sociais e xeopolíticas que fomentan o diálogo, o entendemento, a inclusión e a paz dentro e entre as comunidades de todo o mundo. Como espazos públicos de confianza e lugares de aprendizaxe, os museos contribúen á coexistencia pacífica e ao respecto mutuo.

Este ano, ademais da tradicional "Noite dos Museos" que sempre leva a cavo Viladonga, para o propio día 18 preséntase este espectáculo musical, preparado para alumnado de ESO e BACH.

Coa guitarra e voz de Francisco José Castro e a percusión de Valerio Araújo, Poesíacordes é un espectáculo coidado e próximo, especialmente deseñado para dialogar co espazo do Museo do Castro de Viladonga, poñendo en valor o seu carácter patrimonial e a súa singularidade histórica. A través dunha proposta musical sensible e accesible, búscase xerar unha experiencia cálida e memorable para o público asistente, reforzando o vínculo entre música, memoria e territorio. O espectáculo, baseado na música galega pop dende os anos 70 do século pasado e na moita poesía galega musicada, está concibido tamén como unha experiencia participativa, pensada para implicar activamente ao alumnado da ESO, favorecendo a súa conexión co patrimonio cultural e musical de Galicia.

Ao longo do día tamén se inaugura unha pequena exposición froito da colaboración coa Microrrede de Bibliotecas Escolares. Todos os centros que forman parte desta Microrrede estiveron a traballar nunha figura da súa contorna (en Muimenta sobre a figura das filloeiras, os de Xermade sobre os torneiros, a escola de educación infantil de Vilalba traballa as mulleres do liño...), traballo que se presenta nesta mostra.

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Repunantas
16 de maio
Auditorio Multiúsos das Pozas
Pablo López
16 de maio
Rúa de Miguel Ferro Caaveiro
Pablo López
16 de maio
Rúa de Miguel Ferro Caaveiro