Evento: María Arnal

María Arnal
sábado, 31 outubro, 2026 - 21:30
Rúa de Concepción Arenal, 5,
Santiago de Compostela

María Arnal

Santiago de Compostela acollerá o 31 de outubro, dentro do ciclo Underfest Bites, a presentación en Galicia do novo espectáculo de Maria Arnal, titulado /AMA/, unha proposta que marca unha nova etapa na traxect...

Santiago de Compostela acollerá o 31 de outubro, dentro do ciclo Underfest Bites, a presentación en Galicia do novo espectáculo de Maria Arnal, titulado AMA, unha proposta que marca unha nova etapa na traxectoria da artista catalá.
Recoñecida como unha das voces máis innovadoras do panorama musical contemporáneo, Maria Arnal presenta un show que xa triunfou no Sónar e que en 2026 xirará por cidades como Londres, Bruxelas, París, Berlín ou Roma.
AMA é o primeiro capítulo do seu novo repertorio musical e propón unha experiencia escénica que hibrida voz, danza e intelixencia artificial para explorar os límites da canción en directo. Cunha mirada feminista e crítica, o espectáculo sitúa o corpo como arquivo de memoria e resistencia, e a voz como ferramenta de conexión e transformación.
Un regreso contundente aos escenarios e a posta en escena do seu primeiro traballo en solitario.
 

Máis eventos de tipo Concerto

Eiii Carballeira!!
1 de xullo
Paseo do Carboeiro
Dr. Flaming
2 de xullo
Rúa Rosalía de Castro
Odaiko Familiar
2 de xullo
Praza do Concello