Evento: La imagen rota

La imagen rota
venres, 15 maio, 2026 a venres, 26 xuño, 2026
Rúa da Fonte de Santo Antonio,
Santiago de Compostela

La imagen rota

A Galería Dupla acolle desde o 15 de maio ata o 26 de xuño a exposición /La imagen Rota/, do artista vigués Marcos Covelo. A inauguración terá lugar o venres 15 de maio ás 20.00 horas no espazo situado na rúa F...

A Galería Dupla acolle desde o 15 de maio ata o 26 de xuño a exposición La imagen Rota, do artista vigués Marcos Covelo. A inauguración terá lugar o venres 15 de maio ás 20.00 horas no espazo situado na rúa Fonte de Santo Antonio, en Santiago de Compostela, e contará coa colaboración especial do viño de autor XIALMA.
A mostra afonda na investigación de Covelo arredor dos límites da pintura contemporánea e a súa expansión cara a disciplinas como a escultura, a instalación, a cerámica ou o téxtil. A través das obras expostas, o artista explora a fragmentación da imaxe e a maneira na que a sobrecarga visual e a hiperconectividade transforman a nosa percepción contemporánea.
La imagen Rota inclúe tamén traballos recentes realizados en cera, ampliando a reflexión sobre a materialidade e a construción visual.
Marcos Covelo (Vigo, 1985) é artista contemporáneo e profesor asociado da Facultade de Belas Artes de Vigo. Ao longo da súa traxectoria recibiu recoñecementos como o Premio VEGAP, Novos Valores ou Zona C, e desenvolveu exposicións e residencias artísticas en diferentes espazos nacionais e internacionais.
 

Máis eventos de tipo Exposición

Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Tabulae intellecti et mysterii
12 de decembro a 31 de xullo
Rúa de Santo Agostiño
Restitución das estatuas do Mestre Mateo
28 de decembro a 25 de xullo
San Domingos de Bonaval s/n
Siro
30 de xaneiro a 30 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés